20/10/2026
🚀 QUERES APRENDER A SER MENTOR/A NUM HACKATHON?
💡 As boas ideas necesitan bos equipos… e os bos equipos necesitan quen saiba acompañalos!
Desde Vida Láctea, como parte do proxecto europeo LIRES, impulsamos unha formación online para aprender a dinamizar, motivar e orientar equipos de mozos e mozas durante un hackathon.
🧩 Que aprenderás?
✅ Técnicas de dinamización e liderado de equipos.
✅ Ferramentas de comunicación e resolución de conflitos.
✅ Metodoloxías para estimular a creatividade e a innovación.
✅ Estratexias para acompañar os equipos desde o reto inicial ata a proposta final.
🎯 O obxectivo: aprender a guiar sen impoñer, motivar sen dirixir e sacar o mellor de cada participante.
📅 Primeira sesión: martes, 20 de outubro, ás 20:00 h.
💻 Modalidade online.
📌 O mesmo curso impartirase en dúas datas diferentes para facilitar a participación. Non son sesións complementarias: só tes que asistir a unha delas. A data da segunda sesión está por determinar.
🌱 Se queres adquirir ferramentas prácticas e contribuír aos procesos de innovación e emprendemento xuvenil no medio rural, esta formación é para ti!
👉 Inscríbete aquí: https://forms.gle/1KUXuQKtt6ohi1pu5
🇪🇺 LIRES é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg España–Portugal (POCTEP).