06/10/2026
✨ O noso panettone xa está en marcha! ✨
Estamos elaborando dúas variedades para que mañá poidades desfrutalas:
🍫 Panettone de chocolate negro, o clásico que nunca falla.
🌰 Panettone de chocolate con leite e castañas, unha combinación cremosa e chea de sabor.
Como sempre, partimos de materias primas de calidade e deixamos que a masa siga o seu propio ritmo, respectando os longos tempos de elaboración e fermentación que necesita un auténtico panettone artesanal.
Mañá estarán listos para levar e desfrutar. ❤️
Tempo, paciencia e produto. Así facemos as cousas en Panadería Toñita.