03/10/2026
No Ganapán pasámolo en grande 🤗 mergullándonos no mundo mariño 🌊 a través de dúas propostas ben diferentes… pero cun mesmo ingrediente: as ganas de pasalo ben. 😉🥳
Primeiro puxémonos mans á masa cunha pizza🍕 que tivo o mar como fonte de inspiración,🐟 descubrimos novos sabores, amasamos, mesturamos ingredientes e ao forno. 😊😋 A cativada gozou do resultado… bocado a bocado! 😁🤤
E despois fixeron polbos colgantes! 🐙✨ Convertemos o Ganapán nun pequeno océano de tentáculos. 🤩 Con moita creatividade e un chisco de imaxinación, demos vida aos nosos particulares polbos para encher o espazo de cor e diversión.🎨💛
Concello de Pontevedra O Mercado