04/08/2026
📢📢📢
🎉 Chegou o día..xa podemos dicilo!
Despois de moitos meses de traballo, de ilusión, de nervios, de cambios de última hora, de decisións difíciles e de moitas horas soñando con este momento...Cantón Brunch abre por fin as súas portas.
🤎 Este xoves, 6 de agosto, a partir das 19:30 horas, gustaríanos celebrar este comezo con todas as persoas que, dun xeito ou doutro, nos acompañastes durante este camiño. Porque este proxecto non se entende sen todo o cariño, o apoio e a confianza que nos levades demostrando dende o primeiro día.
🥂 Haberá segunda consumición gratuíta, degustación de produtos de Panadería do Cantón e, sobre todo, moitas ganas de compartir convosco este intre que levaremos sempre na memoria.
✨ Comezamos unha aventura nova. E como en toda aventura, sabemos que haberá cousas que mellorar, erros dos que aprender e detalles que iremos perfeccionando co paso dos días. Pedímosvos paciencia e comprensión, porque detrás deste proxecto hai moita ilusión, moitísimo traballo e un equipo que vai poñer todo da súa parte para que cada visita mereza a pena.
🏡 Abrimos as portas dunha cafetería, pero o que realmente queremos abrir é un lugar onde vos sintades como na casa.
Agardámosvos este xoves en 📍Rúa do Peregrino, 23 · Portomarín.
Benvidos a Cantón Brunch. Comeza unha historia que nos fai moitísima ilusión escribir convosco. ❤️