01/09/2026
A forza non ten que ver coa calidade.
💪 A forza da fariña (W) axúdanos a saber canta presión do gas pode aguantar a masa durante a fermentación. Polo que canta maior forza, máis voluminoso será o resultado. Iso si, só teñen forza as fariñas de trigo, trigo duro e espelta.
Polo tanto, non é que unha fariña sexa mellor que outra, senón que están pensadas para elaboracións diferentes.
🥯 Por exemplo, para facer un pan de fermentación lenta o aconsellable sería empregar unha fariña de forza con máis de 250 W, mentres que para as masas non fermentadas empregaríamos unha de menos de 70 W.
Queres saber que fariñas temos nós? Contacta connosco!