09/10/2023
Chegou o día
Onte foi o noso último día, Pastelería da Avoa pecha definitivamente a súas portas.
Pero necesitabamos escribir estas liñas de agradecemento.
Queremos dar as grazas a todos os clientes que nos acompañaron nesta aventura durante estes case 9 anos.
A toda a xente que nos apoiou e axudou, xa que neste largo camiño houbo moita xente que nos visitaban a diario, moitos que nestes días se fartaron de dicirnos que nos van botar moito en falta, moitos outros que nos viron crecer e que vimos crecer e que nos recordarán como parte da súa vida, moitos que cada vez que viñan a Mondariz tiñan como parada obrigatoria vir a tomar un café ou comprar uns pasteliños, e un largo etc que fixestes e fixeron que abrir as nosas portas cada día fose un pracer.
Tamén nos queremos acordar de moita xente que ao largo destes anos finou e que nos marcou, dalgún xeito ou outro.
Os veciños e os comerciantes de Mondariz sempre nos apoiaron en todo e iso nunca o esqueceremos.
Non temos palabras de agradecemento para todos vós.
GRAZAS E ATA SEMPRE