As Ninochas

As Ninochas No noso obradoiro poderás atopar:

Roscón

O doce máis solicitado. e do internacional coma Casablanca, Arxentina ou Nova York. e os nosos "brazos de xitano"

As Ninochas somos unha empresa familiar que leva máis de trinta anos facendo roscóns e doces ó xeito tradicional, ofrecendo un sabor auténtico que se remonta a décadas atrás cando todo se facía na casa. Botando man das receitas máis antigas, nas Ninochas poderás atopar unha moi boa alternativa á pastelaría industrial; doces caseiros, coma os da avoa... doces artesáns de calidade, sabores auténtico

s nos que se distingue no padal cada un dos ingredientes empregados. A filosofía das Ninochas é a de apostar pola calidade en cada un dos nosos produtos, por iso na súa elaboración empregamos ingredientes naturais básicos como ovos, azucre, fariña ou manteiga, cos que facemos desde un simple biscoito ata unha crema pasteleira. Amasado con ovos, azucre, manteiga, anís... feito á man e levedado en tres tempos coma antigamente, o noso roscón de textura e sabor enxebres, é sempre o favorito; tanto para o consumo autóctono como para achegar un saboriño do país a quen está fóra. O roscón das Ninochas é reclamado en diversos lugares do territorio peninsular (Euskadi, Asturies, Cantabria, Catalunya, Illas Canarias, Andorra, Illes Balears..) Magdalenas da Ninocha

Pequenas porcións abiscoitadas, tan esponxadas e suaves que triunfan en todos os almorzos e sorprenden en cada merenda. Empanada de mazá

Un dos doces máis típicos nas casas do Morrazo. A pegada de manteiga e anís na masa combina á perfección coa mazá do recheo, resultando unha empanada moi substanciosa e sabedeira. Biscoito glass

Húmido biscoito para degustar só... cuberto de azucre moído cunha refrescante sorpresa de mazá no interior..! Bola de nata

Unha vez montada a nata, incorporámoslla ó proceso de amasado, resultando un biscoito que presenta finura e suavidade unha vez forneado. Biscoito integral

Elaborado con fariña integral e azucre de caña... unha exquisita alternativa no consumo de fibra. Biscoito mármore

Dúas cores, dous sabores!! Unha metade cun toque de canela, a outra con chocolate puro. Torta de améndoa

Para os amantes da améndoa e do sabor enxebre. Torta de Santiago

Suave sabor a améndoa en textura abiscoitada. Torta de Allariz

Intenso sabor a améndoa no padal, suavizado cunha base de masa de follado, o equilibrio perfecto. Espelliños

Suaves pastas de manteiga fina cun sabor único e orixinal, queres descubrir un sabor completamente novo? (aptas para celíacos)

Manguito

Biscoito moi esponxado e suave que require do seu propio molde (o tradicional de Pontedeume) para a súa elaboración. Queique de Ordes

Exquisito biscoito de manteiga e uvas pasas de sabor tradicional. Queique de noces, torta de queixo ó forno, torta de mazá ó descuberto, bica de manteiga, biscoitos de iogur ou manteiga fina son outras variedades que elaboramos e disfrutamos nas Ninochas. Non esquezas as coñecidas tortas para celebracións que poderás combinar ó teu gusto entre nata montada, trufa, moka, xema torrada, crema pastelera, chocolate, froitas etc.

Dirección

Moaña
36950

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 19:30
Martes 10:30 - 19:30
Miércoles 10:30 - 19:30
Jueves 10:30 - 14:30
Viernes 10:30 - 19:30
Sábado 10:30 - 14:30

Teléfono

677108877

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando As Ninochas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir