27/07/2026
✨ SEGUIMOS COAS MÁNS NA MASA, PERO HOXE CUNHA ESTRELA! ✨
É un orgullo e unha emoción enorme compartir con todos vós que fomos recoñecidos coa Estrela Dir Informática dentro da Ruta Española do Bo Pan (Top 50 Panadeiros de España). 🍞⭐
Queremos empezar dando as grazas de corazón á organización por valorar o traballo que se fai dende os pobos e por seguir dándolle visibilidade ao arte do bo pan.
Esta é a primeira estrela que entra na nosa casa. Non nos fai mellores ca ninguén, nin moito menos, pero para nós é un abrazo enorme ao esforzo diario. Como terceira xeración á fronte deste forno, non podo evitar lembrarme hoxe dos meus avós e dos meus pais: isto é o resultado de décadas de traballo, madrugóns e dedicatoria que eles iniciaron.
Este premio non é só noso, é de todo o noso pobo:
🌾 Polo comercio local e de proximidade, que demostra que dende o rural se poden facer cousas moi grandes.
🪵 Pola materia prima da nosa terra, apostando firmemente polas fariñas de Galicia e de muíño de pedra.
⏱️ Polo respecto ao oficio: elaboracións artesás, longas fermentacións e procesos lentos, como se fixo sempre.
E sobre todo, GRAZAS A VÓS: aos nosos veciños, clientes e amigos. Aos que viñedes cada día polo pan, aos que charlades un cachiño connosco no mostrador e nos confiades a vosa mesa diaria. Sen o voso apoio, non seríamos nada.
Tampouco podo esquecerme hoxe de dous mestres panadeiros que me ensinaron case todo o que sei. A nosa relación foi a distancia, a base de cursos, receitas e infinidade de horas ao teléfono roubadas ao descanso. A súa xenerosidade ao compartir a súa sabeduría sen gardarse ningún segredo é o mellor exemplo do que significa este oficio. Grazas por guiarme no camiño.
Juan.L.Estevez Domínguez
Miguel Nogueira
Esta estrela é de todos! Seguiremos traballando coa mesma humildade, ganas e paixón de sempre para levarvos á casa o mellor pan artesán.
Moitísimas grazas a todos! ❤️🥖