A Agra de Noé

A Agra de Noé Alimentación bio, Comercio Xusto, Km. 0, produtos "Agra nel", produtos para o agro, camisetas, libros

Lográmolo!! Despois de sete anos de activismo na Agra de Noé, conseguimos dátiles ecolóxicos de Palestina.
15/11/2025

Lográmolo!! Despois de sete anos de activismo na Agra de Noé, conseguimos dátiles ecolóxicos de Palestina.

Estamos cargados de novidades este outono, pero de todas elas imos destacar as novas camisetas de algodón orgánico e de ...
25/10/2025

Estamos cargados de novidades este outono, pero de todas elas imos destacar as novas camisetas de algodón orgánico e de Comercio Xusto, cuxos deseños son exclusivos da Agra de Noé.
Novos graneis, coa améndoa torrada como raíña da sección, e os copos de avea pisándolle os talóns; aínda que as palmeiras, tanto as normais como as de chocolate, estanse ganando un posto destacábel ultimamente entre os produtos "Agra nel". Ricas ricas!
Chega xa o primeiro kiwi galego con todo o poder vitamínico en C; os caquis de tempada; mazá de varios tipos... e a cabaza "potimarrón", unha das máis demandadas para o Samaín.
Recomendamos as conservas de volandeiras "en salsa de vieira" e maila "ensalada vexetal con atún", para eses momentos nos que non temos tempo e/ou ganas de cociñar, ou ben como acompañante para outros pratos elaborados.

Estamos gozando dos produtos do verán, especialmente do tomate: txapeldun, feo de Tudela, cherry pera, rosa etc.; e do p...
08/07/2025

Estamos gozando dos produtos do verán, especialmente do tomate: txapeldun, feo de Tudela, cherry pera, rosa etc.; e do pemento, lamullo, california vermello, Padrón etc. As cucurbitáceas son a nosa especialidade: sandía, melón, cabaza, cabaciña e cogombro (algunhas de km.0)
Da froita podemos destacar o excelente punto no que está a cereixa, a máis demandada da tempada 🍒.
No apartado de cárnicos acabamos de incorporar unhas novas e exitosas salchichas de pavo, polo, porco e ave, estas últimas feitas con carne de pavo+polo e queixo.
A Agra de Noé Agrada tanto ás recén chegadas veraneantes como ás nosas clientas habituais, porque a tenda é acolledora, o trato é marabilloso e os produtos son todos ecolóxicos.
🩵 Predicamos co exemplo 💚.

Aínda é primavera na Agra de Noé, por iso voltamos traer máis planta de horta, para que cultives os teus propios aliment...
21/05/2025

Aínda é primavera na Agra de Noé, por iso voltamos traer máis planta de horta, para que cultives os teus propios alimentos de maneira ecolóxica. As solanáceas, coma o pemento ou o tomate, son especialidades das que dispomos variedades que só atoparás na nosa tenda, como o pemento Piñeira ou o tomate Taller de Lubre, destacando desta vez a alfábega e a berenxena en formato maceta.
Merecen unha mención especial os novos produtos de Comercio Xusto, que poderás adquirir durante o horario estival, xa vixente dende a semana pasada: de luns a sábado de 10 da mañá a 2:30 da tarde.

Un maio con novidades en Comercio Xusto, marmeladas, chocolates, péugos etc., no que destacamos o queixo azul de cabra (...
08/05/2025

Un maio con novidades en Comercio Xusto, marmeladas, chocolates, péugos etc., no que destacamos o queixo azul de cabra (Asturies), premiado recentemente como mellor queixo azul ecolóxico de España.
Toda a froita e hortalizas son ecolóxicas españolas ou galegas certificadas, sendo a mazá sagargorri, unha variedade vasconavarra, a que está conquistando a un maior número de clientas.
E mañá chega a carne, de polo, porco e tenreira: carne galega de produción ecolóxica cuxo consumo xa se consagrou como un costume na Agra de Noé. Reservándoa aplicamos descontos do 10%, 15% ou 20%, segundo as cantidades.

É plena primavera no hemisferio norte. Na Agra de Noé temos todo preparado para que xa poidas plantar os teus alimentos ...
06/04/2025

É plena primavera no hemisferio norte. Na Agra de Noé temos todo preparado para que xa poidas plantar os teus alimentos ecolóxicos:
acelga multicolor, cabaciña, cebola, cebola de cedo, cenoria, col kale, leituga lisa, leituga marabilla, leituga riza, pemento celta, pemento morrón, porro, repolo corazón, rúcula, tomate azul, tomate cherry (mix), tomate pera, tomate rama F1, tomate Avoa de Osedo e verza galega.
Tamén dispoñemos todo o ano de semente (en sobres), sacos de terra e abono, ademais de varios produtos certificados aplicábeis en agricultura ecolóxica: 'antilimacos', xabón potásico, xofre, xurro de estruga etc.

Dende finais de marzo estamos a probar os primeiros amorodos e arandos da tempada, mais aínda temos as olas quentes co caldo e cos cocidos; que poden levar repolo picudo, verza galega e/ou coles de Bruxelas con algunha das carnes galegas de tenreira, porco e polo que vendemos todo o ano.

19/02/2025

Estamos de volta, no horario habitual:
*de luns a venres de 10:00 a 2:00 e de 5:00 a 8:30
*sábados de 10:00 a 2:00
🥖🧅🥔🫑🍠🥝🥚🥑🥕🍅🍎🍐🍋🍌🍊🥦

03/02/2025

Esta semana ficaremos pechados. A vindeira semana voltaremos.
Grazas pola vosa confianza!

Bo día. Traemos novidades como as barriñas de chocolate con praliné de Vivani; galletas sen glute feitas en Galiza de ch...
30/01/2025

Bo día.
Traemos novidades como as barriñas de chocolate con praliné de Vivani; galletas sen glute feitas en Galiza de choco-noces que se venden "Agra nel"; aceite de oliva virxe extra de Canoliva en garrafa de 5l.; utensilios para o fogar como o vaso de Van Gogh de plástico libre de melamina e bisfenol A; ou en cosmética a crema tonificante de Phanarôm para as pernas.
A froita e as hortalizas son todas españolas ou galegas (excepto o xenxibre): nestes intres estamos a g***r do magnánimo tomate raf, da rica mandarina murcott, das vizosas espinacas ou do repolo picudo, que triunfa entre as asiduas do caldo; caldo que poderás enriquecer co chourizo galego de Casa Castelao e coa costela galega de porco de Traloagro...
A Agra de Noé, a ecoloxía de cada día!

Mércores á tarde, día 5 de decembro, A Agra de Noé estará pechada. Asistirei como participante a un debate sobre as cons...
04/12/2024

Mércores á tarde, día 5 de decembro, A Agra de Noé estará pechada. Asistirei como participante a un debate sobre as consecuencias que nos acarrearía a instalación da macrocelulosa Altri no Concello de Palas de Rei, en pleno corazón de Galiza.

Esta semana traemos novidades, a petición das nosas benqueridas clientas, como por exemplo os nuggets de polo. Carne de ...
21/11/2024

Esta semana traemos novidades, a petición das nosas benqueridas clientas, como por exemplo os nuggets de polo. Carne de produción ecolóxica certificada e galega. Máxima calidade: polo enteiro, aliñas, peitugas enteira e fileteada, hamburguesas; costela de porco; fígado de tenreira etc. Existe unha ampla gama de produtos cárnicos que podes consultar in situ na Agra de Noé.
Xa temos á vosa disposición os Lunario 2025, un libro que é tan útil para as persoas que están en contacto coa natureza como recomendábel para esoutras que desexan facer a transición ecolóxica.

Van vindo no outono os cítricos, canda a dozura do mango, da pera, da granada; coas imprescindíbeis hortalizas coma o br...
25/10/2024

Van vindo no outono os cítricos, canda a dozura do mango, da pera, da granada; coas imprescindíbeis hortalizas coma o brócoli, o porro, a cabaciña etc., e todas elas, con certeza, celosas do supremo aguacate 'hass' galego.
Cabe citar que toda a froita e todas as hortalizas da Agra de Noé son galegas ou españolas [por supostísimo ecolóxicas!].

Dirección

Avenida Da Constitución Nº28-baixo B
Boiro
15930

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Martes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Jueves 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Viernes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34603102431

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Agra de Noé publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A Agra de Noé:

Compartir