20/10/2026
🥬🍖Empanada de Grelos🥬🍖
Cando falamos desta empanada, sempre mencionamos os grelos… pero hai moito máis detrás deles! 😉 Acompañámolos de lacón, chourizo e queixo Arzúa-Ulloa, unha combinación de sabores moi nosa e que nunca falla.
Témola na carta durante todo o ano, porque hai sabores que non entenden de estacións. Ten ese gusto tan característico das boas laconadas, que nos transporta aos días fríos de inverno, pero que tamén se goza igual de ben en pleno verán. ☀️
É desas empanadas que, de primeiras, poden pasar desapercibidas entre outras propostas, pero abonda con probar un anaco para entender por qué merece un lugar na nosa carta.
Un bocado cheo de tradición, sabor e deses que sempre che deixan con ganas de repetir. 🤤❤️