01/08/2026
Parece que nos ESTRELAMOS!
Panadería Seivane cumpriu este ano 54 anos... Cincuenta e catro! Unha aventura que os nosos avós comezaron paseniñamente dando paso a unha segunda xeración que soubo cómo defender o herdado ata o final. E nós, como terceiros na cola, vamos tentar sempre estar a altura.
A eles, GRAZAS. A todos vós, os nosos clientes, GRAZAS. A todo o noso equipo, GRAZAS e mil veces, GRAZAS.
Grazas por creer e compartir, grazas por perdoar os erros e celebrar os éxitos. Grazas polo cariño e os ánimos que día a día nos transmitides.
Grazas por valorar o noso pan e os nosos produtos en xeral. Pero sobre todo o pan.
Dende o primeiro, decidimos apostar polas largas fermentacións e polo pan de masa nai. Unha nai que nos acompaña dende o instante en que Javier se puxo ao timón fai xa 6 anos. Unha aposta que, ainda que as veces incomprendida, resultou ser a diferencia, o orgullo e a defensa duns valores que camiñarán cabo nosa toda unha vida.
Acudimos a convocatoria das 50 mellores panaderías de España neste 2026 co noso molete e a nosa barriña de trigo autóctono CALLOBRE, outra das grandes batallas que decidimos emprender da man de . GRAZAS e eles tamén, que nos facilitan o acceso a este tipo de trigos e confian na nosa man para os seus experimentos!
E despois de acudir, despois das carreiras que botamos para chegar, da ausencia de horas en cama... Despois de todo o cansancio e esforzo... Despois, chegou ela. A , o recoñecemento.
E non podemos estar máis felices. Non por recibir un premio, se non polo que significa. Porque este traballo é precioso e non nos chega unha vida para desfrutalo, pero tamén é sacrificado. E as veces, co novos que somos, ese sacrificio custa e doe. As veces cando alguén non valora ese esforzo doe.. Pero hoxe non é o caso. Hoxe miramos ao ceo, e dámonos conta, de que unha estrela brilla con luz propia.
E por todo esto, GRAZAS.
Javier e Vanesa, ex-enxeñeiros e, actualmente, felizmente panadeiros 🩵