Panadería O Recreo

Panadería O Recreo Pequeño y tradicional negocio familiar, horno tradicional sólo de leña.

GRACIAS.Como ben sabedes, o dia 1, Monteiro colgou a pala e deixou de quentarnos a parede para arrimar a espalda.Por sor...
08/07/2023

GRACIAS.

Como ben sabedes, o dia 1, Monteiro colgou a pala e deixou de quentarnos a parede para arrimar a espalda.

Por sorte e con boa saude, toca disfrutar. Pero non queremos despedirnos sen antes agradecervos toda a confianza depositada en nós tantos anos, por toda a paciencia á hora de esperar polo pan, de acompañarnos en todo momento.

Sentimonos moi orgullosos de haber formado parte das vosas mesas durante tanto tempo, que nos escollerades dia tras dia.

Non nos esquecemos de todas as persoas que traballastes con nós, sen vos, non sería posible.

Cantos momentos vividos, cantas boas persoas coñecemos e cantos amigos nos levamos.

Con moita morriña do Recreo, despedímonos, pero non é un adeus, se non un ata sempre.

GRACIAS

30/12/2022

✨✨✨2023✨✨✨

As portas dun novo ano, queremos agradecer que sigades confiando en nós un ano máis.

Esperamos que nos vosos fogares non falten sorrisos nin cariño, que brindedes por aqueles que non vos poden acompañar e que sexades felices, moi felices.

Recordade tamén, volver a ter a ilusión de pedir un desexo con cada uva. ✨

Esperamos fortemente que o 2023 chegue cargado de todas estas cousas que se soen decir, pero que son as máis necesarias: Saúde, felicidade, amor e diñeiro.

Gracias por todos estos anos e brindemos por moitos máis 🥂

¡FELIZ 2023! ✨✨✨

Estamos en vísperas de celebrar o Nadal e queremos repartir entre os  clientes os nosos saúdos para que estos días estea...
23/12/2022

Estamos en vísperas de celebrar o Nadal e queremos repartir entre os clientes os nosos saúdos para que estos días estean cheos de sentimentos de solidariedade, perdón, reconciliación, paz e amor entre cada un de vos.

Somos moi afortunados cada vez que nos escolledes para formar parte da vosa mesa, todos os días ano tras ano.

Non son momentos fáciles para ninguén por eso máis que nunca vos queremos agradecer toda a confianza depositada, sen vos nada sería posible.

O equipo que formamos este pequeno negocio, desexamosvos un MOI FELIZ NADAL.

GRACIAS ✨🎁🕊️🥂❤️.

Bos días a todos e a todas.¿Cómo levamos que a Semana Santa estea rematando? ¡Que pouco dura o bo!Hoxe deixamosvos aquí ...
16/04/2022

Bos días a todos e a todas.

¿Cómo levamos que a Semana Santa estea rematando?
¡Que pouco dura o bo!

Hoxe deixamosvos aquí unha foto das nosas roscas que están a puntiño de salir, ¡teñen un olorciño que alimentan!

¿E vos como lle chamades, rosacas ou roscóns?🧐

Leemos as vosas respostas⬇️⬇️⬇️⬇️

Disfrutade moito do que queda e deste soliño 🌞🌞🌞🌞.

¡Hola!👋🏼👋🏼👋🏼👋🏼Estamos as portas da fin de semana e nos coa última fornada por hoxe.¡En breves están as chapatas listas p...
01/04/2022

¡Hola!👋🏼👋🏼👋🏼👋🏼

Estamos as portas da fin de semana e nos coa última fornada por hoxe.

¡En breves están as chapatas listas para comer!

Vemonos no sitio de sempre😊



15/01/2022

¡B🌞🌞🌞A FIN DE SEMANA AMIG🌞S!

Recordade que mañá estaremos pechados, 🔐
pero hoxe estará aberto todo o día 🙂

¡Boas tardes a todos e a todas!¿Qué tal vos atopades? ¿Comezastes a cumplir cos vosos propósitos para o 2022?🌟🌟🌟Lemosvos...
12/01/2022

¡Boas tardes a todos e a todas!

¿Qué tal vos atopades? ¿Comezastes a cumplir cos vosos propósitos para o 2022?🌟🌟🌟

Lemosvos nos comentarios ⬇️⬇️⬇️

Un dos propósitos máis repetidos é comer mais sano e meior, por eso vos queremos preguntar ¿realmente son bos productos os que consumimos a diario? 🤔

Un producto san é aquel que non leva máis de tres ingredientes, coma o pan, feito por auga, fariña e sal nalgúns casos. (incluimos a masa nai pero é a combinación dos tres ingredientes anteriores)

Aquí podedes ver a unha gran deportista que aposta polo tradicional, polo san e artesán.

O pan artesán non sae sempre de revista pero é sempre a meior opción.

Gracias á Familia Raña Fuentes e en especial a Natalia por compartir esta foto tan simpática ☺️

¡Agardamos as vosas fotos disfrutando do pan artesán!
Non olvidedes os ⬇️⬇️ e mencionarnos.



¿Botadesnos unha man con un me gusta, compartir ou un comentario, por favor? 🙏

05/01/2022

Boas noites amigos e amigas.

¿Deixasteslle un cacho de roscón e leite para mollar as suas Maxestades 👑👑👑 e os seus acompañantes? 🐫🐫🐫

Recordamosvos que mañá día de Reis, temos roscón á vosa disposición con encarga e sen ela (ata agotar existencias). En horario de mañá.

Deixamosvos unha fotiña do forno hoxe cheo de roscas.

Feliz noite✨✨✨

24/12/2021

Feliz Noiteboa a todos e a todas✨✨

Dende a Panadería O Recreo desexamosvos un feliz Nadal dentro do posible.

Moitas gracias por facernos partícipes das vosas mesas un ano máis por estas datas tan especiais.

Moita forza e ánimo para todos os que pasen afastados dos seus seres queridos nestes días tan sinalados.

¡Feliz Noiteboa e Feliz Nadal a todos e a todas!

¡Volvemos a vernos o luns!

19/11/2021

¡Mooooi boas e frias noites!

Agora mesmo o noso pequeno obrador ten un arrecendo moooooi doce, ¿Adiviñades de que se trata?🤭🤫

Acabamos de sacar unha pequena tandada de "curasans" e napolitanas.🥐🥐🥐🥐🥐🥐, así para mollar cun pouco chocolate ou "cola cao"....🍶

Mañá pola mañá teremos outros poucos, para os que prefiran comezalo dia cun bo almorzo.

Que teñades unha doooce fin de semana, desfrutade de L🌞renz🌞, dixo que logo quería marchar. ☔️☔️☔️☔️

Vemonos no sitio de sempre, "Na de Monteiro"

¡GRACIAS!

Bos días amigas e amigos,¡Por fin venres! Agora que podemos facer máis xuntanzas na casa e disfrutar cos nosos, enseñamo...
12/11/2021

Bos días amigas e amigos,

¡Por fin venres! Agora que podemos facer máis xuntanzas na casa e disfrutar cos nosos, enseñamosvos un dos xamóns que acabamos de asar.

Só tedes que traelo, adobado ou sen adobar, eso o voso gusto, metemolo no forno de leña durante varias horas para que se ase lentamente e listo para disfrutar, sen manchar nada na casa e sen preocupacións.

¡Feliz fin de semana a todos e a todas!

Vemonos en: Calle José Antonio n30.

Aberto o sábado todo o dia xa que domingo necesitamos descansar.

Dirección

Calle Jose Antonio, 30, Órdenes
La Coruña
15680

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:00
Martes 08:30 - 09:00
Miércoles 08:30 - 21:00
Jueves 08:30 - 09:00
Viernes 08:30 - 09:00
Sábado 08:00 - 09:00

Teléfono

+34981682743

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Panadería O Recreo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Panadería O Recreo:

Compartir

Categoría